Capítulo de Libro

A relevancia contemporánea de Marx

Katz, Claudio Isaac Icon

Otros responsables

Fecha

2018

Editorial

Fundación Moncho Reboiras

Revista

Título del libro

Vixencia do pensamento marxista

Nombre del evento

Fecha del evento

Institución organizadora

ISSN

eISSN

ISBN

978-84-09-03736-0

Idioma

Gallego

Tipo del evento

Clasificación temática

Resumen

A conmemoración do 150 aniversario d’O Capital reavivou o debate sobre as achegas legadas por Marx á comprensión da sociedade actual. O texto continúa suscitando apaixonadas adhesións e fanáticos rexeitamentos, mais xa non exerce a enorme influencia que tivo nos anos 60 e 70. Tampouco padece o esquecemento que acompañou a caída da Unión Soviética. Ningún investigador de peso ignora actualmente o significado do libro e as relecturas traspasan a academia e inflúen sobre numerosos pensadores. O interese por Marx verifícase entre os economistas que salientan a súa anticipación da mundialización. Outros descobren unha precoz interpretación da degradación do ambiente e vinculan a ausencia de solucións á desfeita ecolóxica coa crise civilizatoria que previu o teórico xermano. A súa obra é retomada con maior frecuencia para caracterizar a etapa neoliberal. Varios autores estudan as semellanzas dese esquema co “capitalismo puro” e desregulado que prevalecía na época de Marx. Nun período de privatizacións, apertura comercial e flexibilización laboral enxérganse trazos do sistema que permaneceron agochados durante a fase keynesiana. Os diagnósticos do pensador alemán recuperan nitidez no século XXI. A gran crise que estourou no 2008 resituou O Capital nun lugar preponderante da literatura económica. Ese esfarelamento financeiro non só desembocou nunha abraiante recesión. Levou ademais a unha expansión inédita do gasto público para rescatar os bancos. Marx recobra importancia neste escenario de fondos desequilibrios capitalistas. Por esta razón as súas explicacións do funcionamento e a crise do sistema son revisadas con grande atención. Algúns analistas igualmente estiman que as súas respostas perderon actualidade ao cabo de 150 anos. É evidente que o réxime vixente é moi distinto ao imperante no período que coñeceu o escritor alemán. A constatación destas diferenzas contribúe a evitar procuras dogmáticas do “xa dito por Marx” sobre acontecementos que o sucederon. Pero cómpre tamén lembrarmos que o estudoso alemán investigou o mesmo modo de produción que opera na actualidade. Ese réxime continúa regulado polas mesmas leis e suxeito aos mesmos principios. Todas as denominacións que agochan esa persistencia (economía a secas, mercado, modernidade, postindustrialismo) obstrúen a comprensión do capitalismo da nosa era. A obra de Marx manterá o seu interese mentres subsista unha estrutura económico-social gobernada pola competencia, o beneficio e a explotación. Pero cales son os trazos máis pertinentes da súa teoría para clarificar o modelo neoliberal actual?

Aprobación

Revisión

Complementado por

Referenciado por

Licencia Creative Commons

Excepto donde se indique lo contrario, la licencia de este ítem se describe como by-nc-sa