Música e coros galegos na emigración: O caso de Bos Aires (1880-1960)

Otros responsables
Fecha
2019
Editorial
Consello da Cultura Galega
Revista
Título del libro
Sons de Galiza: Os coros galegos
Nombre del evento
Fecha del evento
Institución organizadora
ISSN
eISSN
ISBN
978-84-17802-02-8
Idioma
Catalán
Tipo del evento
Clasificación temática
Palabras clave
Resumen
A música é unha expresión de identidade colectiva que,pola súa ductilidade e capacidade de mestizaxe, opera así mesmo como unindicador da convivencia de esferas de identificación dunha comunidadedeterminada. É tamén unha actividadesocial, que polo xeral se desenvolve no marco de formas de sociabilidade formale informal asemade. A música xoga un papel socializador, mais pode devir unobxecto de introspección e señardade para o emigrante, tanto no nivelindividual e familiar coma no colectivo.Por iso constitúe un obxecto de atención para os estudos sobreidentidades nacionais e étnicas, e un miradoiro privilexado para analisar osprocesos de asimilación ou integración nas sociedades de acollida queexperimentan os grupos migrantes. No caso dosgalegos, cómpre lembrar que Bos Aires foi e até ben entrado o século XX acidade con máis habitantes nados en Galicia en todo o mundo. As asociacións, fosen as grandes sociedadesmutualistas ou as pequenas e medianas sociedades de carácter comarcal,municipal ou parroquial, constituíron dende finais do século XIX un marcoaxeitado e preferente para a reprodución de expresións musicais. Nelasconvivían elementos transplantados da cultura popular de orixe con novaselaboracións, froito do contacto con outras comunidades inmigrantes e coasociedade de recepción, mais tamén da incidencia dunhas elites culturaisinteresadas na forxa dunha imaxe da colectividade galega cara o exterior e caraá mesma Galicia.Os orfeóns, coros e outros grupos musicais, son unhaboa mostra da evolución dos sentimentos de identidade, das estratexias daselites inmigrantes, e dos ritmos de acomodación e integración dos inmigrantesgalegos ás sociedades americanas. E unha boa xanela para achegármonos a eselabor poden ser as deceas de festas e veladas, ao aire libre ou baixo teito,que anualmente celebraban as asociacións galegas. Doutra banda, através delastamén é posíbel aprofundar nos discursos político-identitarios das elitesmigrantes, nos seus proxectos e autorrepresentacións.
Colecciones
Aprobación
Revisión
Complementado por
Referenciado por
Licencia Creative Commons
Excepto donde se indique lo contrario, la licencia de este ítem se describe como by-nc-sa
