A excentricidade galega e a nosa Galicia mestiza

Otros responsables
Fecha
06/2015
Editorial
Galaxia
Revista
Grial
Título del libro
Nombre del evento
Fecha del evento
Institución organizadora
ISSN
0017-4181
eISSN
ISBN
Idioma
Portugués
Tipo del evento
Clasificación temática
Resumen
Por que non ocupa Galicia un lugar central no noso imaxinario fundador? Por que non hai unha maior incidencia de Galicia, como etnia e como cultura, nas representacións que a Arxentina propón sobre si mesma? Proño aquí algunhas hipóteses sobre esta pregunta que nos desvela aos galegodescendentes nados nesta terra, dispostos a identificármonos e a recoñecérmonos como tales. Prolongarei, ante todo, as reflexións xa iniciadas no libro Los “gallegos” en el imaginario argentino. Literatura, sainete, prensa (2008), cuxa autoría comparto cos investigadores Mariña Guidotti e Ruy Farías. Por unha banda, o noso país foi o destino migratorio máis importante para os galegos1. E reciprocamente, estes representan o colectivo español máis numeroso, o que lle outorga un lugar preponderante, se se ten en conta que a inmigración hispánica é a máis nutrida despois da italiana. Máis do 17 por cento de todos os migrantes europeos arribados entre 1857 e 1930 pertencían ao colectivo galego. Contra 1914, Buenos Aires era a cidade galega máis grande do mundo, con 150.000 habitantes desa orixe. Os cálculos dos especialistas estiman que a nosa República recibiu entre a primeira das datas mencionadas e 1960 non menos de 1.100.000 persoas nadas en Galicia, das que unhas 600.000 se estableceron definitivamente.
Colecciones
Aprobación
Revisión
Complementado por
Referenciado por
Licencia Creative Commons
Excepto donde se indique lo contrario, la licencia de este ítem se describe como by-nc-sa
