Artículo
A emerxencia da axioloxía dentro da práctica técnica
Fecha de publicación:
08/2017
Editorial:
Instituto de Estudios Carballiñeses
Revista:
Ágora de Orcellón
ISSN:
1577-3205
Idioma:
Español
Tipo de recurso:
Artículo publicado
Clasificación temática:
Resumen
A acción técnica é unha acción produtiva intencional, planificada e realizada para obter de forma eficiente obxectivos valiosos, a partir de considerar e escoller os medios máis adecuados (Lawler, 2006). O significado das expresións “medios máis adecuados“ e “satisfacción dos mellores obxectivos” entraña dúas cuestións valorativas importantes respecto da acción técnica. Por unha banda, a cuestión da avaliación da acción na súa natureza de acción técnica, isto é, a realización da acción con crecente grao de eficiencia. Por outra, expón a cuestión da avaliación e elección dos obxectivos. Estes últimos, na súa condición de desexos ou necesidades humanas, supoñen representacións precisas acerca de que é posible, que é desexable e que debe evitarse. Ambas as cuestións introducen e moldean o ámbito axiolóxico específico da acción técnica. Neste artigo desexo explorar con certo detalle a proposta axiolóxica de Mario Bunge para as accións técnicas. A forma máis directa de facelo é analizar cal é o ámbito axiolóxico implicado pola noción de regra técnica. Con este propósito recuperarei a definición bungeana de regra técnica en termos de máxima de acción. Propóñome examinar a condición propiamente axiolóxica involucrada nela. Este artigo está estruturado de acordo cos seguintes pasos. En primeiro lugar, retrato brevemente a noción de valor e as fontes da súa orixe segundo Bunge. En segundo lugar, analizo a condición axiolóxica implicada na máxima de acción que especifica a regra técnica. En terceiro lugar, discuto o contido da “endoaxioloxía“ (Bunge, 1985) da técnica con especial fincapé na elaboración do valor de eficiencia e, xunto ao esbozo dos seus aspectos problemáticos, resumo as conclusións que se derivan deste enfoque. Finalmente, reflexiono sobre a fonte da dimensión axiolóxica da acción técnica.
Palabras clave:
AXIOLOGÍA
,
TECONOLOGÍA
,
BUNGE
,
FILOSOFÍA
Archivos asociados
Licencia
Identificadores
Colecciones
Articulos(SEDE CENTRAL)
Articulos de SEDE CENTRAL
Articulos de SEDE CENTRAL
Citación
Lawler, Diego; A emerxencia da axioloxía dentro da práctica técnica; Instituto de Estudios Carballiñeses; Ágora de Orcellón; 32; 8-2017; 225-236
Compartir